Boas!
A volta ás aulas pode ser unha experiencia emocionante e chea de novas metas! Para facer que este incio de curso sexa máis especial, compártovos unha dinámica que levarei a cabo estes primeiros días: a cápsula do tempo. ⌛📃📦
Nesta dinámica o alumnado creará un cofre que encheremos con cartas dirixidas a eles mesmos nas que reflexionen sobre as súas propias metas para este ano académico e que só poderán abrir ó final de curso, de maneira que tamén lles sirva para facer un balance do seu propio traballo ó logo do ano.
Ó mesmo tempo, aproveito para compartir un modelo de horario en branco para que complete o estudantado nesta primeira toma de contacto.🕑
Agado que vos sexan útiles os recursos😊
Moito ánimo e sorte neste novo curso escolar 🍀💪
Preme nas seguintes imaxes para acceder ós recursos👇
Comentarios
Publicar un comentario